jueves, 23 de febrero de 2012

Querida Viana do Bolo:


Despois de tanto tempo sen escribir, apetecíame compartir a intensidade coa que che vivín, Viana.
Tal vez o que criamos importante, necesario quedou atrás.
Vou falar mellor en primeira persoa, sí mellor.

Fixeches  que me decatara de quen son eu, parece mentira que o diga.
Decatarme de que rodar polo chan cheo de fariña é máis que dar voltas arredor dun mesmo, moito máis.
De que facer ruído cun martelo e un sacho é moito máis que ir a ritmo todos xuntos, moitísimo máis.
Do poder que calquera orquestra pode ter ante nos en momentos así. Onde nada é máis importante que a celebración, ou sí, se falamos do noso amor meniñas.
Momentos tan intensos, onde aparece unha certa parálise no tempo real, onde todo parece unirse intensamente.

Tal vez o que criamos importante, necesario quedou atrás. Tal vez non, seguro.

Isto é unha carta de amor para todos vos.
En especial para ti kitiña.

Por outro ano máis.






1 comentario: